quinta-feira, 11 de setembro de 2025

A AGAI CONDENA VIOLÊNCIA DO PALESTINISMO NA GALIZA

A Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) manifesta a súa firme condena polos actos de intimidación e violencia producidos durante as etapas de "La Vuelta Ciclista a España" que discorreron polas estradas galegas, motivadas as protestas pola presenza do equipo Israel Premier-Tech. 

Lamenta, así mesmo, que debido a este acoso, tivera que ser supendido o final na etapa do Alto de Groba, en Mos. No suposto apoio ó pobo palestino, agóchase un nada disimulado odio a todo o relacionado con Israel, onde o eslogan reiterado “Desde o río ata o mar” avoga pola destrución total do estado de Israel.

Quere lembrar AGAI que no mencionado equipo, somente un corredor é de nacionalidade israelí. 

Manifestantes anti-Israel lançam-se sobre um dos veículos da equipa Israel Premier-Tech

AGAI quer facer un chamamento aos valores que verdadeiramente unen os pobos. O deporte debería ser un espazo para promover o respecto, a tolerancia e a cooperación entre as persoas de diversas culturas e orixes.

 

En Galicia, a 9 de setembro de 2025

Xunta Directiva Asociación Galega de Amizade con Israel


Sem comentários:

Enviar um comentário