sábado, 4 de novembro de 2023

SHANI LOUK E O RAPAZ DA CAMISETA ROSA

 Afonso Vázquez-Monxardín


Na Questom Judaica reproduzimos -na íntegra- a opiniom do intelectual galeguista Afonso Vázquez-Monxardin sobre o triste fado de Shani Louk, a  rapariga israelita-alemã selvagemente assassinada no bárbaro ataque executado polo Hamas contra Israel o passado 7 de outubro. Estas sensíveis palavras estão inspiradas nas imagens que os assassinos do ISIS 4.0 divulgaram em formato multimedia para se gabar da maior matança de Judeus desde a Segunda Guerra mundial. Ao contrário do que os nazistas, que tentaram ocultar o seu horror, os terroristas palestinianos quiseram que o mundo visse o que fizeram.


Shani Louk era unha rapaciña de 22 anos, guapa, moderna, morena, pacifista e tatuadora na súa Alemaña natal. Cadroulle o outro día estar en “Supernova”, unha desas festas psicodélicas de chunda chunda e psicotrópicos presidida por un figura dun Buda xigante, á que eu nunca iría. Estaban a tres quilómetros da faixa de Gaza e outro tanto dun kibutz; alí non molestaban. Eran as 6:30 da mañá, amencía, e seguían bailando. De repente uns seres ruíns, urrando e cuspindo lume polas bocas das metralladoras, recrearon o inferno. Choutaban de parapentes, de camionetas, de motos, corrían a pé. Todo servía.

Shani Louk viva. In memoriam

Os mozos que non caían, fuxiron como en soños de terror, en coches, a pé, ás carreiras por leiras acabadas de arar... Trataron de agocharse entre o mato, a meterse en refuxios antiaéreos, nas letrinas da festa, nas árbores dos arredores... A máis de 200 de nada lles valeu. Bombas de man, raxadas de balas e lume... Berros profanando un nome divino. Viñan a matar... e coller botín: aos sobreviventes, secuestráronos. Subíronos a jeeps, a motocicletas, a camións, e leváronos a outro inferno que se vía vir, Gaza. Xuntáronnos no subsolo cos nenos, mulleres, mozos e anciáns apañados entre o sangue dos kibutzs. Máis de 220. 

ADVERTÊNCIA! Imagens muito duras
Corpo de Shani Louk mostrado nas ruas de Gaza como se fosse um javali recem caçado


Nas imaxes iniciais do seu secuestro, Shani Louk berraba espantada e tremía. Logo, noutras, estaba aparentemente morta, deitada xa no fondo dunha camioneta coas pernas tortas mentres os seus captores, pisándoa, ensinan a “presa” nas rúas de Gaza, entre disparos o aire. E alí, un rapaz noviño, doce ou trece anos, cunha camiseta rosa, borracho, tamén, de odio e excitación, chouta e cospe no corpo inerte de Shani. O niño de cobras inxectado no corazón do rapaz topou unha fenda para saír. Educárono para o odio. A despersonalización da vítima, o primeiro paso. Pasear o corpo cazado como se fose un xabaril. 


Sequência em que um puto de Gaza cospe sobre o corpo inerte de Shani Louk

As caricaturas dos xudeus na Alemaña nazi, buscaban cousificalos, e así os Einsatzgruppen disparaban, sen remorsos, sobre eles. E tal, fixeron, tamén, no ataque do 7 de outubro. E si, esta despersonalización existe en boa parte da militancia islamita, e, se cadra, por inxenua extensión, en parte dos radicais de Occidente. O antisemitismo está en voga da man desa extrema esquerda tan proclive ás equivocacións. Lembremos, entre outras, a participación das alemás Células Revolucionarias xunto coa Frente Popular de Liberación de Palestina no secuestro do avión de Entebe, en xullo de 1976 e en cuxa liberación de reféns por parte do exercito de Israel, morreu o irmán maior de Netanyahu, Jonatan. Alí, unha das terroristas, Brigitte Kuhlmann, foi alcumada polos reféns do avión como “a terrorista nazi” polos insultos antisemitas constantes durante todo o secuestro.


En fin, o que pasou entre as imaxes desesperadas de Shani Louk e as segundas do corpo inerte medio espido no fondo da camioneta, non o sabiamos. A nai queríase agarrar a un fío de esperanza, pero onte certificouse a súa morte: decepáronlle o pescozo o mesmo día da captura.

O corpo de Shani Louk sob os pés das bestas jihadistas de Gaza

E si. Este secuestro, a vileza do ataque terrorista de Hamás e da Jihad do día 7 de outubro, decidida en luxosas mansións do Mediterráneo ou do golfo Pérsico, abriu, como se sabía que ía abrir, as portas do inferno para Gaza. Pero parece que non lles importa. Os gazatís aparecen como peóns a sacrificar no xadrez dunha guerra interminable. A desgraza do pobo palestino debe acabar. Os reféns, liberados; os bombardeos, parados; os túneles, destruídos; un novo poder en Gaza. En Israel, debe haber, claro, tamén cambios para a paz. E de inmediato, frear, a ferro e lume, as iras dos colonos en Cisxordania. Novas dirixencias en ambas partes e unha grande presión dos amigos duns e doutros esixíndolles a via de dous estados seguros como o único camiño á paz. Se é que existe. Que non o sei. 


Afonso Vázquez-Monxardín é arqueologista e catedrático de língua e literatura galegas, historiador, investigador, professor e escritor galego

Fonte: La Región (31/10/2023)

Sem comentários:

Enviar um comentário