quarta-feira, 11 de outubro de 2023

GALIZA APOIA ISRAEL CONTRA O TERRORISMO JIHADISTA DO HAMÁS

Na sequência do Debate sobre o Estado da Naçom Galega hoje o Parlamento Galego aprovou umha declaraçom de apoio a Israel e de condenaçom "da açom terrorista levada a cabo polo grupo HAMÁS contra o povo de Israel" com o apoio das forças espanholas operantes na Galiza (PP e PSOE). 

Luis Bará saiu a defender a posiçom do BNG em contra de Israel | Parlamento Galego

9.ª Resolución

“O Parlamento de Galicia adopta como resolución condenar a acción terrorista levada a cabo polo grupo Hamás contra o pobo de Israel, así como insta o Goberno da Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de España para que defenda que a Unión Europea manteña as axudas de carácter humanitario dirixidas ao pobo palestino, garantindo, de acordo coas resolucións da Comisión Europea, que ningún financiamento da Unión Europea remate, directa ou indirectamente, proporcionando soporte a ningunha organización ou acción terrorista contra o Estado de Israel. ”

Aprobada por 55 votos a favor.

(Resolución resultante da transacción entre o G.P. dos Socialistas de Galicia e o G.P. Popular de Galicia verbo da proposta de resolución núm. 2 do G.P. dos Socialistas de Galicia)

Porém, a principal força da oposiçom, o Bloco Nacionalista Galego (BNG), com posições antissionistas (=antissemitas) e que nom ocultam o seu apoio ao Hamás, absteve-se de participar na votaçom contra o terrorismo do movimento de resistência islâmico da Palestina.


Sem comentários:

Enviar um comentário