Num artigo de opiniom no jornal 'La Voz de Galicia' o politólogo e escritor galego Xosé Luis Barreiro Rivas, com o intuito de comparar a situaçom política entre Israel e o Estado do Reino de Espanha, utiliza os seguintes qualificativos sobre Israel: país artificial, injusto, sem história, enrevesado, xenófobo, hemiplégico, afortunadamente pequeno, de apartheid... e todo um leque de desqualificações próprias do mais nojento antissemitismo.
Na década de 1980 Barreiro Rivas integrou o Governo galego, primeiro como conselheiro da Presidência pola AP (1982-86) e depois como Vice-presidente por Coalición Galega (1987-89).
A seguir compartilhamos o comunicado da AGAI (Associaçom Galega de Amizade com Israel) em resposta às referidas palavras ressumantes de antissemitismo.
“ISRAEL E ESPAÑA: DOS ENIGMAS”, UNHA ANALOXÍA INXUSTA E DISPARATADA
Como membros dunha Asociación que se asume “galega e de amigos de Israel” debemos exercer de tais e responder ás ideas vertidas polo señor Xosé Luis Barreiro nunha coluna publicada nun xornal de Galicia o pasado 16 de setembro, sob o título ‘Israel y España: dos enigmas’, pois considerámola inxusta, inexacta e chea de preconcebidos.
É difícil cualificar, como el fai, o Estado de Israel como “artificial e injusto”, pois todo estado é un construto artificial e este, fundado en 1948 co amparo da ONU preexistente, por certo, á inmensa maioría dos 195 estados actuais do mundo-- nace co recoñecemento de todas as democracias da altura. Afirmar que se compuxo con “trazas xenófobas y amnésicas” é sorprendente e inxusto. Na declaración de Independencia, de 1947, hai varios artigos no que se apela parao convivio pacífico. O seu parágrafo 3, asinala: [Israel] asegurará a completa igualdade de direitos políticos e sociais a todos os seus habitantes sen diferenza de crenza, raza ou sexo; garantirá a liberdade de culto, consciencia, idioma, educación e cultura salvaguardará os Lugares Santos de todas as relixións; e será fiel aos principios da Carta das Nacións Unidas”. E continúa un par de parágrafos máis adiante: “Nós facemos un apelo [...] aos habitantes árabes do Estado de Israel para manter a paz e participar na construción do Estado na base de igual e completa cidadanía através de representación en todas as súas institucións provisorias e permanentes”.
E apesar do asediu a que se viu submetido desde a súa fundación -o de “hemiplégico”, “apartheid”, “miña xoias que mueven a la compasión” son insultos fáceis, dolorosos e falsos- apesar de todo, mantén ese recoñecemento de direitos a ese vinte por cento de poboación árabe -cerca de dous millóns de persoas- que vive dentro das súas fronteiras e que teñen, por exemplo, os seus representantes no único Parlamento democrático normalizado do Próximo Oriente. A liberdade de expresión é un ben sagrado, e así, millares de israelitas, libre e democraticamente maniféstanse en prol do que achan un ataque á división de poderes que, como en toda democracia, alicerza o Estado. Mais o tema da súa organización xurídico política apenas cabe a eles, como o da organización xurídico política do Estado Español a nós. Calquer analoxía de situacións por hiperbólica é falsa. Nada a ver os distintos cenarios, problemáticas, e a evidente distancia entre unha situación de ameaza exterior permanente na que vive Israel e a de España, onde hai só un parcial cuestionamento interno.
O debate de ideas e o diálogo anímanos como asociación, mais non a pura descualificación, o insulto e o menosprezo a un Estado que nos seus 72 anos de vida conseguiu criar unha sociedade avanzada, cultura, diversa e cuxas minorías étnicas e liberdades persoais, civís e relixiosas están garantidas por lei. Animamos o profesor Barreiro, e a todos os galegos que dubidan, a que visiten e se informen sobre Israel sen preconcebidos.
Nunha democracia, a liberdade de opinión é fundamental, por iso, nos comprace expresar a nosa, cun xuízo e valoración moi distinta á expresada nos insultos do Señor Barreiro no desafortunado artigo. Os leitores e a cidadanía de Galicia, valorarán.
Santiago de Compostela, 18/09/2023
Assinado: Xunta Directiva AGAI (Asociación Galega de Amizade con Israel)
Contato: Carla Reyes Uschinsky, presidenta
Compartimos nuestro comunicado en respuesta al artículo publicado por Xosé Luis Barreiro. “Israel y España: dos enigmas”.
— Asociación Galega de Amizade con Israel (@GalegaIsrael) September 20, 2023
Consideramos que sus palabras están cargadas de antisemitismo. @IsraelSpainFA @SemanarioAurora #israel #antisemitismo pic.twitter.com/jhD3N5pICE
Leia, na íntegra, o texto publicado no jornal "La Voz de Galicia" (em espanhol) divulgado publicamente no Twitter/X por Spain4Israel.
Fonte: Spain4Israel Twitter/X |
Sem comentários:
Enviar um comentário